The present document can't read!
Please download to view
All materials on our website are shared by users. If you have any questions about copyright issues, please report us to resolve them. We are always happy to assist you.
...

O Londres de Dickens

by maxo-ledo

on

Report

Category:

Documents

Download: 0

Comment: 0

212

views

Comments

Description

Lugares de Londres cos que Dickens tivo un maior contacto
Download O Londres de Dickens

Transcript

  • O LONDRES DE DICKENS Por Maureen O'Hare (Traducido por María Xosé Ledo para actividades educativas), 23/05/2012 Hulton Archive/Hulton Archive/Getty Images O 7 de febreiro de 2012 marca o 200 aniversario do nacemento do autor Charles Dickens. Ímoslle botar unha ollada aos lugares de Londres cos que estivo máis relación. Charles Dickens (7 de febreiro 1812- 9 de xuño 1870) viviu nun dos períodos de cambio máis rápido de era moderna. A revolución industrial e o apoxeo do transporte ferroviario transformaron Gran Bretaña. Londres, que pasou dunha poboación dun millón en 1800 a catro millóns e medio en 1880, era a cidade máis grande, aglomerada e espectacular no mundo. Os froitos da industria británica e do comercio internacional podíanse ver por todas partes. Pero ademais, unha pobreza e miseria sen precedentes vivíase nos seus barrios. Esta magnífica pero terrible cidade tivo unha gran influencia na súa escritura, converténdose nun personaxe en si mesmo.
  • O LONDRES DE DICKENS Por Maureen O'Hare (Traducido por María Xosé Ledo para actividades educativas), 23/05/2012 A prisión de debedores de Marshalsea Hulton Archive/Hulton Archive/Getty Images A familia Dickens mudouse a Candem Town desde Kent en 1822. Xusto dous anos despois, o pai de Dickens terminou na prisión de debedores de Marshalsea en Southwark (na imaxe en 1804). Para axudar á súa empobrecida familia, con só 12 anos viuse obrigado a deixar o colexio e comezar a traballar 10 horas ao día no almacén de Warren Blacking, preto da actual estación de trens de Charing Cros. Estes tempos difíciles deixaron unha forte impresión no mozo Dickens, facendo que medrase o seu interese polas reformas socioeconómicas e as condicións laborais.
  • O LONDRES DE DICKENS Por Maureen O'Hare (Traducido por María Xosé Ledo para actividades educativas), 23/05/2012 O mercado de Smithfield Photo by Edward Gooch/Edward Gooch/Getty Images The market pictured in 1839 O mercado de Smithfield foi o lugar dun mercado de gando ata a metade do século XIX. En 'Oliver Twist', Oliver e Bill Sykes atravesan o mercado: "Era día de mercado pola mañá. O chan estaba cuberto de roña; un fío de vapor ascendía constantemente desde os corpos fedorentos das reses". O mercado de carne de Smithfield é hoxe en día o único mercado histórico que sobrevive no centro de Londres.
  • O LONDRES DE DICKENS Por Maureen O'Hare (Traducido por María Xosé Ledo para actividades educativas), 23/05/2012 Covent Garden February 1877: Porters with boxes of plants at Covent Garden market Agora é un distrito comercial e de entretemento, pero Covent Garden foi nomeado así polo seu mercado de froitas, vexetais e flores deseñado por Inigo Jones en 1632. David Copperfield compraba flores no mercado e asistía ao teatro de Covent Garden ('David Copperfield'), Pip pasou a noite no Hummus Hotel ('Grandes Esperanzas'), Arthur Clennam tiña unha habitación alugada alí ('Little Dorrit') e Job Trotter pasa a noite nunha cesta de vexetais en Covent Garden ('Pickwick Papers'). Os Bow Street Runners, a primeira organización de detectives de Londres, que aparecen en 'Grandes Esperanzas' e 'Oliver Twist', tiñan a súa base na rúa Bow Street preto de Covent Garden.
  • O LONDRES DE DICKENS Por Maureen O'Hare (Traducido por María Xosé Ledo para actividades educativas), 23/05/2012 Os pubs de Dickens Wikimedia Commons 'The Grapes' en Limehouse fai unha apenas perceptible aparición no capítulo inicial de 'O noso amigo común'. 'The Grapes' é agora en parte propiedade do actor Ian McKellan, nacido en Limehouse. 'The George Inn' en Southwark é o único con galería no leste de Londres. Dickens era asiduo (dicíase que frecuentaba o Middle Bar, entón unha sala de cafés). O pub de Fleet Street 'Ye Olde Chesire Cheese' era outro dos favoritos de Dickens, e faise alusión ao pub en 'A talle of two cities'.
  • O LONDRES DE DICKENS Por Maureen O'Hare (Traducido por María Xosé Ledo para actividades educativas), 23/05/2012 A City General Photographic Agency/Hulton Archive/Getty Images A City de Londres- ou a Milla Cadrada- é unha pequena área en Greater London e trátase do corazón financeiro da capital. Na época de Dickens, estaba evolucionando dunha zona residencial á poderosa zona de bancos e finanzas que coñecemos hoxe. Scrooge ('Conto de Nadal'), Anthony Chuzzlewit ('Martin Chuzzlewit'), Paul Dombey ('Dombey e fillo') e Fascination Fledgeby ('O noso amigo común') teñen todos negocios na City.
  • O LONDRES DE DICKENS Por Maureen O'Hare (Traducido por María Xosé Ledo para actividades educativas), 23/05/2012 O Old Bailey Spencer Arnold/Hulton Archive/Getty Images O Old Bailey in 1910 En 'A talle of two cities', Charles Darney é levado a xuízo por traizón no Old Bailey. No século XIX, o Old Bailey era unha pequena corte adxacente á prisión de Newgate. Os aforcamentos foron un espectáculo público na rúa ata finais dese século. A prisión de Newgate aparece en 'Oliver Twist', 'Barnaby Rudge' e 'Grandes Esperanzas'.
  • O LONDRES DE DICKENS Por Maureen O'Hare (Traducido por María Xosé Ledo para actividades educativas), 23/05/2012 O patio do corazón sanguento Hulton Archive/Hulton Archive/Getty Images O patio do corazón sanguento aparece na novela de Charles Dickens 'Little Dorrit' como a casa da familia Plornish. A lenda di que o nome do lugar conmemora o asasinato de Lady Elizabeth Hatton. Dise que o seu corpo foi atopado alí o 27 de xaneiro de 1626, totalmente despedazado pero co corazón aínda bombeando sangue.
  • O LONDRES DE DICKENS Por Maureen O'Hare (Traducido por María Xosé Ledo para actividades educativas), 23/05/2012 Bedlam Hulton Archive/Hulton Archive/Getty Images 1814: O paciente de Bedlam William Morris Scrooge laméntase en 'Conto de Nadal' de que se ten que retirar a Bedlam. O Bethlem Royal Hospital (ou Bedlam) era un famoso psiquiátrico. Na época de Dickens, o hospital estaba situado en St. George's Fields en Southwark.
  • O LONDRES DE DICKENS Por Maureen O'Hare (Traducido por María Xosé Ledo para actividades educativas), 23/05/2012 O museo de Dickens Epics/Hulton Archive/Getty Images No número 48 de Doughty Street está a única casa que sobrevive de Charles Dickens, convertida hoxe no seu museo. Viviu alí entre 1837 e 1839, mentres escribía 'Oliver Twist' e 'Nicholas Nickleby'. Por Maureen O'Hare (Traducido por María Xosé Ledo), 23/05/2012
Fly UP